Axuda do LibreOfficeDev 25.2
Insire na diapositiva activa texto procedente de ficheiros en formato ASCII, RTF ou HTML.
O texto inserido utiliza o formatado de texto predefinido na diapositiva activa. Se o desexa, pode arrastrar unha caixa de texto para a diapositiva e inserir o texto. A caixa esténdese automaticamente cara a abaixo para axustarse ás pasaxes máis longas de texto.
Seleccione, na lista, o texto que desexa inserir.
Insire o texto en forma de ligazón. As ligazóns actualízanse automaticamente ao modificar o ficheiro fonte.