Aplica a mesma fórmula a celas diferentes, mais com valores de parámetros diferentes.
As caixas Fila ou Columna deben conter unha referencia á primeira cela do intervalo seleccionado.
Se exporta unha folla de cálculo con varias operacións para o Excel da Microsoft, a posición das celas que conteñan a fórmula deben estar totalmente definidas en relación ao intervalo de datos.
Introduza as referencias de cela das celas que conteñan as fórmulas que pretende utilizar na operación múltipla.
Introduza a referencia da cela de entrada que pretende utilizar como variábel para as filas na táboa de datos.
Introduza a referencia da cela de entrada que pretende utilizar como variábel para as columnas na táboa de datos.