Precisamos da súa axuda!

Seleccionar fonte de datos

Seleccione a base de datos e a táboa ou consulta que conteñan os datos que desexe empregar.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Táboa dinámica e na caixa de diálogo Seleccionar fonte escolla a opción Fonte de datos rexistrada en LibreOfficeDev.


Selección

Só pode seleccionar bases de datos rexistradas no LibreOfficeDev. Para rexistrar unha fonte de datos escolla - Base do LibreOfficeDev - Bases de datos.

Base de datos

Seleccione a base de datos que conteña a fonte de datos que desexe empregar.

Fonte de datos

Seleccione a fonte de datos que desexe empregar.

Tipo

Prema no tipo de fonte da fonte de datos seleccionada. Pode escoller entre catro tipos de fonte: «Táboa», «Consulta» e «SQL» ou SQL (Nativo).