Active JavaScript no navegador para mostrar as páxinas da Axuda do LibreOfficeDev.

Realzar números negativos

Pode formatar celas cun formato numérico que realce os números negativos en vermello. Como alternativa, pode definir o seu propio formato numérico no que os números negativos estean destacados noutras cores.

  1. Seleccione as celas e escolla Formato - Celas.

  2. Na lapela Números, seleccione un formato numérico e marque a caixa de selección Números negativos en vermello. Prema en Aceptar.

O formato numérico das celas defínese en dúas partes. O formato dos números positivos e cero defínese diante do punto e vírgula; despois do punto e vírgula defínense os números negativos. Pode cambiar o código (RED) en Código do formato. Por exemplo, no canto de RED, introduza YELLOW. Que o novo código apareza na lista após premer a icona Engadir significa que esta é unha entrada válida.