Converter imaxes de mapa de bits en imaxes vectoriais

As imaxes vectoriais poden redimensionarse sen perder a calidade da imaxe. En LibreOfficeDev Draw e Impress, é posíbel converter imaxes de mapa de bits en imaxes vectoriais.

  1. Seleccione a imaxe de mapa de bits que queira converter.

  2. Adopte un dos procedementos seguintes:

    No Draw do LibreOfficeDev, escolla Forma - Converter - En polígono.

    En LibreOfficeDev Impress, prema co botón dereito do rato no obxecto e escolla Converter - En polígono.

  3. Defina as opcións de conversión para a imaxe e prema enAceptar. Vexa Converter en polígono para obter unha descrición das opcións de conversión.