Axuda do LibreOfficeDev 26.2
Crea unha animación personalizada da diapositiva actual. Só se poden empregar obxectos existentes para crear unha animación.
LibreOfficeDev Writer permite copiar e pegar animacións.
Mostra unha previsualización dos obxectos da animación. Para ver a animación, prema no botón Reproducir.
Salta para a primeira imaxe da secuencia de animación.
Primeira imaxe
Reproduce a animación para trás.
Cara a atrás
Detén a reprodución da animación.
Parar
Reproduce a animación.
Reproducir
Salta para a derradeira imaxe da secuencia de animación.
Última imaxe
Indica a posición da imaxe actual na secuencia de animación. Se desexa ver outra imaxe introduza o seu número ou prema nas frechas para arriba ou para a baixo.
Introduza o número de segundos para mostrar a imaxe actual. Esta opción só está dispoñíbel ao seleccionar a opción Obxecto de mapa de bits no campo Grupo de animación.
Indica o número de veces que se reproduce a animación. Se desexa que a animación se reproduza continuamente, escolla Máx..
Engade ou elimina obxectos da animación.
Engade o(s) obxecto(s) seleccionado(s) como unha única imaxe.
Aplicar obxecto
Engade unha imaxe por cada obxecto seleccionado. Se selecciona un obxecto agrupado, créase unha imaxe por cada obxecto do grupo.
Tamén pode seleccionar unha animación (como un GIF animado) e premer nesta icona para editar. Cando acabe de editar a animación, prema en Crear para inserir unha nova animación na diapositiva.
Aplicar obxectos individualmente
Elimina a imaxe actual da secuencia de animación.
Eliminar imaxe actual
Elimina todas as imaxes da animación.
Eliminar todas as imaxes
Número total de imaxes da animación.
Define as propiedades de obxecto da animación.
Reúne imaxe nun único obxecto para que se poidan mover como grupo. Porén, aínda é posíbel editar os obxectos individuais premendo dúas veces no grupo na diapositiva.
Combina imaxes nunha única imaxe.
Aliña as imaxes da animación.
Insire a animación na diapositiva actual.