Combinar dúas ou máis caixas de texto seleccionadas nunha só.
Escolla ao seleccionar dúas ou máis caixas de texto.
Escolla ao seleccionar dúas ou máis caixas de texto.
A consolidación de caixas de texto une varias caixas de texto nunha única caixa de texto, o que permite que o texto flúa dentro da caixa resultante.
A orde Consolidar texto é especialmente útil para editar documentos en PDF co Draw do LibreOfficeDev.
A función inspecciona os fragmentos de texto para ver se rematan en puntuación de fin de oración. Se non, o texto da seguinte caixa de texto amécese a el no canto de iniciar un parágrafo novo. Hai que arranxar manualmente os parágrafos e configurar as propiedades dos parágrafos após a consolidación.
A caixa de texto resultante insírese na capa activa.
A caixa de texto resultante non ten nome definido.
O título e a descrición das caixas de texto individuais perderanse coa consolidación.
Elimínanse os obxectos de caixa de texto anteriores após a a consolidación.
Ao consolidar listas, a disposición da lista pode verse afectada pola posición da puntuación. Neste caso hai que restaurar a disposición manualmente. Por exemplo, ao empregar o estilo de numeración «1.», os elementos de lista resultantes poden ficar separados despois do punto.
Para mellores resultados, combine caixas de texto adxacentes con formatos de parágrafo semellantes. O formato de carácter dentro das caixas de texto mantense. Ao combinar caixas de texto con estilos de parágrafo distintos pode precisarse unha restauración manual á disposición orixinal do texto.