LibreOffice SymbolLibreOffice Symbol

Precisamos da súa axuda!

Inserir ou modificar capa

Insire unha capa nova ou modifica unha capa do documento. As capas só están dispoñíbeis no Draw, non no Impress.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Inserir - Capa

Seleccione a capa e escolla Formato - Capa.

From the tabbed interface:

Escolla Inserir - Inserir capa.

From the context menu:

Abra o menú de contexto das lapelas de capa e escolla Inserir capa

Abra o menú de contexto da lapela da capa - escolla Modificar capa.


Icona Nota

Para seleccionar unha capa, prema na súa lapela na parte inferior do espazo de traballo.


Caixa de diálogo Inserir capa

Nome

Introduza un nome para a nova capa. Para renomear a capa, introduza o novo nome.

Icona Nota

Os nomes de capa seguintes empréganse internamente e non poden ser redefinidos ou modificados: layout, background, backgroundobjects, controls, measurelines. As capas

layout, controls e measurelines son visíbeis na vista normal e corresponden coas capas predefinidas Layout, Controis e Liñas de dimensión, respectivamente.

A capa backgroundobjects é visíbel na vista principal baixo o nome de Obxectos de fondo.

A capa background nunca está visíbel e non é para ser usada.


Icona Suxestión

Para renomear a capa directamente, prema na lapela da capa co botón dereito abaixo, seleccione Renomear capa no menú de contexto e introduza o novo nome na lapela.


Título

Introduza o nome da capa.

Descrición

Introduza unha descrición da capa.

Propiedades da capa

Indique as propiedades da capa.

Visíbel

Mostrar ou agochar a capa.

Imprimíbel

Ao imprimir, imprimir ou ignorar esta capa en concreto.

Bloqueada

Evita que se editen os elementos desa capa.