Por exemplo, se atopa unha páxina en Internet que conteña información de bolsa en celas de folla de cálculo, pode cargar esta páxina no Calc do LibreOfficeDev empregando o procedemento seguinte:
Nun documento do Calc do LibreOfficeDev, coloque o cursor na cela na que desexe inserir os datos externos.
Introduza o URL do documento ou páxina web na caixa de diálogo. O URL debe ter o formato: http:///www.o-meu-banco.gal/táboa.html. O URL dos ficheiros locais ou da rede local está na ruta que ve a caixa de diálogo .
O LibreOfficeDev carga a páxina web ou ficheiro «no fondo», ou sexa, sen mostrar o proceso. Na extensa lista da caixa de diálogo pódese ver o nome de todas as follas ou intervalos con nome que se poden escoller.
Seleccione unha ou máis follas ou intervalos con nome. Tamén pode activar a función de actualización automática cada «n» segundos e premer en .
O contido insírese como ligazón no documento do Calc do LibreOfficeDev.
Garde a folla de cálculo. Cando o abra máis tarde, o Calc do LibreOfficeDev actualizará as celas ligadas despois dunha consulta.
En LibreOfficeDev - PreferenciasFerramentas - Opcións - pódese escoller que a actualización se produza automaticamente ao abrir sempre, ao solicitalo ou nunca. É posíbel iniciar a actualización manualmente na caixa de diálogo de .