Precisamos da súa axuda!

Liña

Contén información básica sobre o ficheiro actual.

Para acceder a esta orde...

Choose File - Properties - General tab.


Ficheiro

Mostra o nome do ficheiro.

Tipo

Exhibe o tipo de ficheiro do documento.

Localización

Exhibe a ruta e o nome do cartafol onde está almacenado o ficheiro.

Tamaño

Exhibe o tamaño en bytes do documento.

Creado

Exhibe a data e a hora en que o ficheiro se gardou pola primeira vez.

Modificado

Exhibe a data, a hora e o autor da última vez que o ficheiro se gardou en formato de ficheiro de LibreOfficeDev.

Modelo

Mostra o modelo empregado para crear o ficheiro.

Asinado dixitalmente

Exhibe a data e a hora en que o ficheiro se asinou pola última vez, así como o nome da persoa que asinou o documento.

Sinaturas dixitais

Abre a caixa de diálogo Sinaturas dixitais, na que se poden xestionar as sinaturas dixitais do documento actual.

Última impresión

Exhibe a data, a hora e o autor da última impresión do ficheiro.

Icona Nota

Após a impresión, un documento debe ser gardado para manter os datos de Última impresión. Non se avisa disto ao pechar un documento non gardado.


Tempo total de edición

Mostra o tempo durante o que o ficheiro estivo aberto para edición desde que foi creado. O tempo de edición actualízase ao gardar o ficheiro.

Número de revisión

Exhibe o número de veces que se gardou o ficheiro.

Aplicar datos do usuario

Garda o nome completo do usuario co ficheiro. Pode editar o nome escollendo - LibreOfficeDev - Datos de usuario.

Restaurar propiedades

repón o tempo de edición a cero, a data de creación para a data actual e tempo, eo número de versión para 1. As datas de modificación e impresión tamén son excluídas.

Gardar a imaxe de visualización con este documento

Saves a thumbnail preview inside the document. This image may be used by a file manager under certain conditions.

Icona Suxestión

Para desactivar a xeración de miniaturas en xeral escolla - LibreOfficeDev - Avanzado. Prema o botón Abrir a configuración experta e busque GenerateThumbnail. Se esta propiedade ten o valor true, prema nela dúas veces para que pase a ser false.


Resolución preferida para as imaxes

Marque esta opción para seleccionar a resolución de imaxes preferida en puntos por polgada, que se emprega como padrón ao inserir unha imaxe nun documento do Writer, Impress ou Draw e mude o seu tamaño de acordo co valor da caixa de lista.