Axuda do LibreOfficeDev 26.8
LibreOfficeDev Writer permite deseñar e producir documentos de texto que poden incluír imaxes, táboas ou gráficas. Pode gardalos en varios formatos, incluíndo o estandarizado OpenDocument format (ODF), formato Microsoft Word .doc, ou HTML. E pode exportar facilmente o seu documento a Portable Document Format (PDF).
LibreOfficeDev Writer permite crear documentos básicos, como memorandos, faxes, cartas, currículos e combinar documentos, así como documentos longos, complexos ou divididos en múltiplas partes, con bibliografías, táboas de referencia e índices.
O Writer do LibreOfficeDev tamén inclúe recursos tan útiles como un corrector ortográfico, un tesauro, corrección automática e guionización, así como varios modelos para case calquera finalidade. Tamén pode crear os seus propios modelos empregando os asistentes.
LibreOfficeDev offers a wide variety of options to design documents. Use the Styles deck to create, assign and modify styles for paragraphs, individual characters, frames and pages. In addition, the Navigator helps you to quickly move around inside your documents, lets you look at your document in an outline view, and keeps track of the objects that you have inserted into your document.
Tamén pode crear índices e definir a súa estrutura e aparencia segundo as súas necesidades. As hiperligazóns e marcadores animados permiten ir directamente aos elementos correspondentes.
O Writer do LibreOfficeDev contén numerosas ferramentas de maquetación e debuxo para axudar a crear documentos con estilo profesional, como folletos, boletíns e convites. Pode formatar os seus documentos con varias columnas, marcos, imaxes, táboas e outros obxectos.
Os documentos de texto de LibreOfficeDev posúen unha función de cálculo integrada que o axuda a executar cálculos sofisticados ou ligazóns lóxicas. Pode crear facilmente táboas para realizar cálculos.
A ferramenta de debuxo de LibreOfficeDev Writer permite crear debuxos, imaxes, lendas e outro tipo de debuxos directamente nos documentos de texto.
Pode inserir deseños con diferentes formatos dentro dun documento de texto, incluíndo imaxes con formato JPG ou GIF. Ademais, a Galería fornece unha colección de imaxes predeseñadas, e a Galería de Fontwork crea efectos de letra impactantes.
The program interface is designed so that you can configure it according to your preferences, including customizing icons and menus. You can position various program windows, such as the Styles deck or the Navigator as floating windows anywhere on the screen. You can also dock some windows to the edge of the workspace.
O recurso arrastrar e soltar permite traballar de forma rápida e eficiente con documentos de texto en LibreOfficeDev. Por exemplo, pode arrastrar e soltar obxectos, por exemplo imaxes da galería, dun lugar a outro no mesmo documento ou entre documentos abertos de LibreOfficeDev.
Pode utilizar o sistema de Axuda como referencia completa para as aplicacións de LibreOfficeDev, incluíndo instrucións tanto para tarefas simples como complexas.