Arrastrar e soltar co Navegador

O Navegador e unha ferramenta potente para editar documentos e xestionar o codntido, facendo que a edición de texto sexa doada coas súas funcionalidades de arrastrar e soltar.

Pode arrastrar elementos desde o Navegador para inserir rapidamente referencias cruzadas no texto, crear hiperligazóns entre elementos de dentro ou fóra do documento ou copiar elementos e o seu contido. Empregar o Navegador axuda a aforrar tempo reducindo o número de clics do rato e evitando caixas de diálogo innecesarias.

Arrastrar e soltar títulos

Para arrastrar un título no navegador, prema no título e arrástreo para o documento. Dependendo do elemento que se arrastre e do contexto, as accións posíbeis son as seguintes:

Acción

Descrición e resultados

Hiperligazón

Insire unha hiperligazón ao título. O contido que se mostra é o texto do título.

Ligazón de sección

Insire o título e todo o seu contido como sección vinculada. A sección fica protexida contra a escrita.

Copia de sección

Copia o título e todo o seu contido e pégao nunha sección desprotexida. Non se crea ningunha ligazón entre a fonte e o destino.

Número de páxina (sen formato)
Capítuloo
Texto referenciado
Arriba - Abaixo
Número de páxina (con formato)
Número
Número (sen contexto)
Número (contexto completo)

A referencia cruzada do título. O mesmo que Inserir - Campos - Máis campos - Referencias cruzadas; seleccione Títulos en Tipos e escolla como se mostra a referencia respectiva en Referenciar empregando.


Arrastrar e soltar imaxes, marcos, obxectos OLE, obxectos de debuxo, seccións e marcadores

Ao inserilos desde o navegador, estes elementos móstranse pola súa propiedade Nome.

Acción

Descrición e resultados

Hiperligazón

Insire unha hiperligazón á imaxe, marco, obxecto OLE, obxecto de debuxo, sección ou marcador correspondente. No documento móstrase o elemento Nome.


Arrastrar e soltar notas a rodapé e notas finais

As notas a rodapé e as notas finais sóltanse igual que os seus campos de referencia cruzada respectivos.

Arrastrar e soltar táboas

As táboas pódense inserir como hiperligazóns, ligazóns a seccións ou pódense copiar.

Acción

Descrición e resultados

Hiperligazón

Insire unha hiperligazón á táboa. No documento móstrase o nome da táboa.

Ligazón de sección

Insire a táboa arrodeada nunha sección protexida contra a escrita. A táboa aparece enteira. O contido da táboa vinculada cambia segudno cambie o contido da táboa fonte.

Copia de sección

Insire unha copia da táboa arrodeada nunha sección. A táboa cópiase integramente. O contido da táboa copiada é indeependente dos cambios de contido da táboa orixinal.


Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!