Deseño de consultas

A Visualización de deseño de consulta permite crear e editar consultas de bases de datos.

Para acceder a esta orde...

In a database file window, click the Queries icon, then choose Edit - Edit.


Icona Nota

A maioría das bases de datos utilizan consultas para filtrar ou ordenar táboas de bases de datos e mostrar rexistros no seu computador. As visualizacións ofrecen a mesma funcionalidade que as consultas, mais do lado do servidor. Se a súa base de datos está nun servidor que soporta visualizacións, pode utilizalas para filtrar os rexistros no servidor e, así, acelerar o tempo de visualización.


Icona Nota

Ao seleccionar a orde Crear vista na lapela Táboas do documento de base de datos, vese a xanela Deseño de vista, que asemella a xanela Deseño de consulta descrita aquí.


A disposición da xanela Deseño de consulta almacénase coa consulta creada, mais non é posíbel almacenala cunha vista creada.

A visualización de deseño

Para crear unha consulta, prema na icona Consultas dun documento de base de datos e, a seguir, prema en Crear consulta na visualización de deseño.

O panel inferior da Vista de deseño é onde se definen as consultas. Para definir unha consulta, especifique os nomes dos campos da base de dato que desexa incluír e os criterios para mostrar os campos. Para reorganizar as columnas do panel inferior da vista de deseño arrastre unha cabeceira de columna para onde queira ou seleccione a columna e prema +tecla de frecha.

Na parte superior da xanela de vista de deseño de consulta móstranse as iconas da barra Deseño de consulta e da barra Deseño.

Se desexa probar unha consulta, prema dúas veces no seu nome no documento. O resultado móstrase nunha táboa semellante á Visualización de fonte de datos. Nota: A táboa que se mostra é temporal.

Teclas na Visualización de deseño de consulta

Tecla

Función

F4

Visualizar

F5

Executar consulta

F7

Engadir táboa ou consulta


Explorar

A primeira vez que se abre o deseño de consultas vese unha caixa de diálogo na que primeiro hai que seleccionar a táboa ou consulta que será a base para a nova consulta.

Prema dúas veces nos campos para os engadir á consulta. Arrastre e solte para definir as relacións.

Icona Nota

Mentres deseña unha consulta non pode modificar as táboas seleccionadas.


Retirar táboas

Para eliminar a táboa da Visualización de deseño, prema no bordo superior da xanela da táboa e, no menú de contexto, use a orde Eliminar. Outra opción é premer na tecla Suprimir.

Mover táboas e modificar o seu tamaño

Pode redimensionar e dispor as táboas como prefira. Para movelas, arrastre o seu bordo superior ata a posición que desexe. Para ampliar ou reducir o seu tamaño, posicione o cursor do rato sobre un bordo ou canto e arrastre.

Relacións entre táboas

Se hai relación entre os datos de dous nomes de campo pertencentes a dúas táboas diferentes, pode usar esas relacións para a súa consulta.

Se, por exemplo, tiver unha folla de cálculo para artigos identificados por un número de artigo e unha folla de cálculo para clientes nos que rexistre registre todos os artigos que un/ha cliente/a encomende usando os números de artigo correspondentes, é porque hai unha relación entre os dous campos de dados de «número do artigo». Se agora quixese crear unhaa consulta que devolve todos os artigos que un/ha cliente/a teña encomendado, deberá recuperar os dados das dúas follas. Para fazer isto, é preciso informar o LibreOffice sobre a relación que existe entre os datos das dúas follas de cálculo.

Para facer isto, prema nun nome de campo nunha táboa (por exemplo, o nome de campo «Artigo-Número» da táboa Cliente), manteña o botón do rato premito e arrastre o campo do nome para o nome do campo da outra táboa («Artigo-Número» da táboa Artigo). Ao soltar o botón do rato aparece unha liña que conecta os dous campos entre as xanelas das dúas táboas. A condición correspondente segundo a cal o contido dos dous nomes de campo deba ser idéntico introdúcese na consulta SQL resultante.

A creación dunha consulta baseada en varias follas de cálculo relacionadas só é posíbel cando se usa LibreOffice como interface dunha base de datos relacional.

Icona Nota

Nas consultas non é posíbel acceder a táboas de diferentes bases de datos. As consultas relacionadas con varias táboas só poden crearse dentro dunha única base de datos.


Especificar o tipo da relación

Se preme dúas veces na liña que conecta os dous campos ligados ou invoca a orde do menú Inserir - Nova relación pode indicar o tipo de relación na caixa de diálogo Relacións.

Se non, prema o tabulador até seleccionar a liña e preme Maiús+F10 para amosar o menú contextual e escolla a orde Editar. Algunhas bases de datos non permiten usar todos os tipos de unión.

Eliminar relacións

Para eliminar unha relación entre dúas táboas, prema na liña de conexión e, a seguir, na tecla Suprimir.

Outra posibilidade é eliminar as entradas correspondentes en Campos implicados, na caixa de diálogo Relacións. Tamén pode premer na tecla Tab ata seleccionar o vector de conexión, despois premer en Maiús+F10 para abrir o menú de contexto e finalmente seleccionar a orde Eliminar.

Definir a consulta

Seleccione as condicións para definir a consulta. Cada columna da táboa de deseño acepta un campo de datos. As condicións das filas líganse mediante o E booleano.

Especificar nomes de campos

Primeiro, seleccione todos os nomes de campo das táboas que desexe engadir á consulta. Pode facer isto arrastrando e soltando ou premendo dúas veces no nome dun campo na xanela da táboa. Co método de arrastrar e soltar, empregue o rato para arrastrar un nome de campo desde a xanela da táboa para a zona inferior da xanela de deseño da consulta. Ao facelo, pode decidir a columna xanela de deseño de consultas que quere que reciba o campo seleccionado. Só é posíbel seleccionar un nome de campo premendo dúas veces. Engádese á seguinte columna libre da xanela de deseño de consultas.

Eliminar nomes de campos

Para eliminar un nome de campo da consulta, prema na cabeceira da columna do campo e escolla a orde Eliminar no menú de contexto da columna.

Gardar a consulta

Empregue a icona Gardar da barra de ferramentas Estándar para gardar a consulta. Verá unha caixa de diálogo que lle pide que introduza un nome para a consulta. Se a base de datos admite esquemas tamén poderá introducir un nome para o esquema.

Esquema

Introduza o nome do esquema que se asigna á vista de consulta ou de táboa.

Nome de consulta ou nome de visualización de táboa

Introduza o nome de consulta ou de visualización de táboa.

Filtrar datos

Para filtrar os datos da consulta, indique os criterios desexados na área inferior da xanela de deseño de consulta. Dispón das opcións seguintes:

Campo

Introduza o nome do campo de datos ao que se fai referencia na consulta. Todas as opcións feitas nas filas de opcións do filtro refírense a estecampo. Se activa unha cela aquí cun clic do rato verá un botón cunha frecha que permite seleccionar un campo. A opción «Nome de táboa.*» selecciona todos os campos de datos co efecto que os criterios especificados se han de aplicar a todos os campos da táboa.

Alcume

Especifica un alcume. Este alcume lístase na consulta no canto de nome do campo. Isto posibilita o emprego de etiquetas de columna definidas polo usuario.. Por exemplo, se o campo de datos se chama PtNo e, no canto dese nome, desexa que apareza PartNum na consulta, introduza PartNum como alcume.

Nunha instrución en SQL, os alcumes defínense da seguinte maneira:

SELECT columna AS alcume FROM táboa.

Por exemplo:


SELECT "PtNo" AS "PartNum" FROM "Parts"

Táboa

A táboa da base de datos correspondente do campo de datos seleccionado aparece listada aquí. Se activa esta cela cun clic do rato aparece unha frecha que permite seleccionar unha táboa diferente para a consulta actual.

Ordenar

Ao premer nesta cela pode escoller unha opción de ordenación: ascendente, descendente e sen ordenar. Os campos de texto ordénanse alfabeticamente e os campos numéricos numericamente (0-9). Na maioría das bases de datos os administradores poden configurar as opcións de ordenación no nivel da base de datos.

Visíbel

Se marca a propiedade Visíbel dun campo de datos, ese campo será visíbel na consulta resultante. Se só está a empregar un campo de datos para formular unha condición ou realizar un cálculo, non precisa mostralo.

Criterios

Especifica uns primeiros criterios polos que filtrar o contido do campo de datos.

ou

Aquí pode introducir un criterio de filtro adicional para cada liña. Varios criterios nunha única columna identifícanse como OU lóxico.

Tamén pode empregar o menú de contexto das cabeceiras de liña na área inferior da xanela de deseño de consultas para inserir un filtro baseado nunha función:

Funcións

As funcións dispoñíbeis aquí dependen das que forneza o motor da base de datos.

Se está a traballar coa base de datos HSQL incorporada, a caixa de lista da fila Función oferece as opcións seguintes:

Opción

SQL

Efecto

Sen función

Non se executa ningunha opción.

Media

AVG

Calcula a media aritmética dun campo.

Cantidade

COUNT

Determina o número de rexistro da táboa. Os campos baldeiros pódense contar (a) ou excluír (b).

a) COUNT(*): Poñer un asterisco como parámetro conta todos os rexistros da táboa.

b) COUNT(columna): Poñer o nome dun campo coma parámetro conta só os rexistros nos que o campo especificado conten un valor. Os rexistros nos que o campo sexa un valor Null (p.e. cando non conteña valores textuales ou numéricos) non se contarán.

Máximo

MAX

Determina o valor máis alto dun rexistro para ese campo.

Mínimo

MIN

Determina o valor máis baixo dun rexistro para ese campo.

Suma

SUM

Calcula a suma dos valores dos rexistros dos campos asociados.

Agrupar

GROUP BY

Agrupa os datos da consulta segundo o nome de campo seleccionado. As funcións execútanse segundo os grupos especificados. En SQL, esta opción corresponde coa expresión GROUP BY. Ao engadir un criterio esta entrada aparece na subexprexión HAVING do SQL.


Pódense introducir chamadas á función directamente na instrución SQL. A sintaxe é:

SELECT FUNCTION(columna) FROM táboa.

Por exemplo, a chamada de función en SQL para calcular unha suma é:


SELECT SUM("Prezo") FROM "Artigo".

A excepción da función Agrupar, as funcións anteriores denomínanse agregadas. Estas son funcións que calculan datos para crear resumos a partir dos resultados. Tamén poderían ser posíbeis outras funcións que non aparecen na caixa de lista. Estas dependen do motro de base de datas específico en uso e na funcionalidade actual fornecida polo controlador de Base empregado para a conexión a ese motor de base de datos.

Para empregar outras funcións non enumeradas na caixa de lista ten que introducilas manualmente en Campo.

Tamén pode asignar alcumes a chamadas de función. Se non desexa que se mostre a cadea de consulta na cabeceira da columna, introduza o nome substitutivo que desexe en Alcume.

A función correspondente nunha instrución de SQL é:

SELECT FUNCTION() AS alcume FROM táboa

Exemplo:


SELECT COUNT(*) AS conta FROM "Elemento"
Icona Nota

Se executa esta función non pode inserir ningunha columna adicional para a consulta que non sexa un argumento dunha función «Agrupar».


Exemplos

No exemplo seguinte, execútase unha consulta entre dúas táboas: unha táboa «Elemento» co campo «Número_de_artigo» e unha táboa «Fornecedores» co campo «Nome_de_fornecedor». Alén disto, ambas as dúas táboas teñen un nome de campo común «Número_de_fornecedor».

Os pasos seguintes son necesarios para crear unha consulta que conteña todos os fornecedores que entregan máis de tres artigos.

  1. Insira as táboas «Artigo» e «Fornecedores» no deseño de consulta.

  2. Vincule os campos «Número_de_fornecedor» das dúas táboas, de non haber xa unha relación deste tipo.

  3. Prema dúas veces no campo «Número_de_artigo» da táboa «Artigo». Mostre a liña Función empregando o menú de contexto e seleccione a función Contar.

  4. Introduza >3 como criterio e desactive o campo Visíbel.

  5. Prema dúas veces no campo "Nome_de_fornecedor" da táboa "Fornecedores" e escolla a función Agrupar.

  6. Execute a consulta.

Se existen os campos «Prezo» (para o prezo de cada artigo) e «Número_de_fornecedor» (para o fornecedor do artigo) na táboa «Artigo», pode obter o prezo medio do artigo provisto polo fornecedor por medio da seguinte consulta:

  1. Insira a táboa «Artigo» no deseño de consulta.

  2. Prema dúas veces nos campos «Prezo» e «Número_de_fornecedor».

  3. Active a liña Función e seleccione a función Media no campo «Prezo».

  4. Tamén pode introducir «Media» na liña do alcume (sen comiñas).

  5. Para o campo «Número_de_fornecedor», escolla Agrupar.

  6. Execute a consulta.

Están dispoñíbeis os seguintes símbolos e ordes de menú de contexto:

Funcións

Mostra ou agocha unha fila para a selección de funcións.

Nome da táboa

Mostra ou agocha a fila do nome da táboa.

Nome do alcume

Mostra ou agocha a fila do nome do alcume.

Valores unívocos

Obtén só valores distintos da consulta. Isto aplícase a varios rexistros que poderían conter varias aparicións repetidas de datos dos campos seleccionados. Se a orde Valores distintos está activa só se ve un rexistro na consulta (DISTINCT). Caso contrario, vense todos os rexistros correspondentes aos criterios de busca (ALL).

Por exemplo, se o nome «Xan» aparece varias veces na súa base de datos de enderezos, pode escoller a orde Valores distintos para especificar na petición que o nome «Xan» só aparecerá unha vez.

Para unha consulta que inclúa varios campos, a combinación dos valores de todos os campos ten que ser única tal que o resultado se poida formar dende un rexistro específico. Por exemplo, se «Xan en Muros» aparece unha vez, e «Xan en Lugo» aparece dúas veces na súa axenda de enderezos. Coa orde Valores distintos, a consulta usará os dous campos «apelido» e «cidade» e devolverá coma resultado da petición «Xan en Muros» e «Xan en Lugo» unha vez.

En SQL, esta orde correspóndese co predicado DISTINCT.

Límite

Permite limitar o número máximo de rexistros devoltos por unha consulta

Se se engade a contrución Límite, obtéñense como máximo tantas filas como se especifiquen. Se nón, obtéñense todos os rexistros que cumpran cos criterios da consulta.

Formular as condicións do filtro

Ao formular as condicións do filtro, pódense usar varios operadores e ordes. Aparte dos operadores relacionais, existen ordes específicos de SQL que consultan o contido dos campos da base de datos. Se usa estes comandos coa sintaxe LibreOffice, o LibreOffice convérteos automaticamente na sintaxe SQL adecuada mediante un intérprete interno. Tamén pode introducir a orde en SQL directamente e evitar o intérprete interno. As seguintes táboas dan unha vista xeral dos operadores e das ordes:

Operador

Significado

A condición cúmprese se...

=

igual a

... o contido do campó é igual á expresión indicada.

O operador = non se verá nos campos de consulta. Se se introduce un valor sen ningún operador, enténdese automaticamente que o operador = é implícito.

<>

non é igual a

... o contido do campo non corresponde co da expresión especificada.

>

maior que

... o contido do campo é maior ca expresión especificada.

<

menor que

... o contido do campo é menor que a expresión especificada.

>=

maior ou igual a

... o contido do campo é maior ou igual que a expresión especificada.

<=

menor ou igual a

... o contido do campo é menor ou igual á expresión especificada.


orde de LibreOffice

Orde de SQL

Significado

A condición cúmprese se...

IS EMPTY

IS NULL

é nulo

... o campo non contén datos. Para os camps de Si/Non con tres estados posíbeis, esta orde consulta o estado indeterminado (nen Si nen Non).

IS NOT EMPTY

IS NOT NULL

non está baleiro

... o campo non está baleiro, isto é, contén datos.

LIKE

substitutivo (*) para calquer número de caracteres

substitutivo (?) para exactamente un caracter.

LIKE

marcador de posición (%) para calquera número de caracteres

Marcador de posición (_) para exactamente un carácter

é un elemento de

… o campo de información contén a expresión indicada. O marcador de posición (*) indica se a expresión x aparece ao inicio (x*), ao final (*x) ou dentro do contido do campo (*x*). Pode introducir como marcadores de posición nas peticións SQL tanto o carácter % de SQL ou o familiar marcador de posición dos sistemas de ficheiros (*) na interface do LibreOffice

Os marcadores de posición (*) e (%) substitúense por calquera número de caracteres. O signo de interrogación (?) na interface do LibreOffice ou a barra baixa (_) nas peticións en SQL úsanse para representar exactamente un carácter.

NOT LIKE

NOT LIKE

Non é un elemento de

… o campo non contén datos coa expresión especificada.

BETWEEN x AND y

BETWEEN x AND y

está dentro do intervalo [x,y]

… o campo contén un valor entre x e y.

NOT BETWEEN x AND y

NOT BETWEEN x AND y

Non está no intervalo [x,y]

… o campo contén un valor fóra do intervalo entre x e y.

IN (a; b; c...)

Teña en conta que os puntos e comas úsanse como separadores en todas as listas de valores!

IN (a, b, c...)

contén a, b, c...

… o nome do campo contén unha das expresións a, b, c, … Pódense especificar calquera número de expresións, e o resultado da petición determínase por un operador booleano OR. As expresións a, b, c, … poden ser números ou caracteres.

NOT IN (a; b; c...)

NOT IN (a, b, c...)

non contén a, b, c…

… o campo non contén ningunha das expresións especificadas a, b, c, …

= TRUE

= TRUE

ten o valor Verdadeiro

… o nome do campo ten o valor Verdadeiro.

= FALSE

= FALSE

ten o valor Falso

… o valor datos do campo é Falso


Exemplos

='Sra.'

deolve os nomes dos campos que conteñan «Sra.»

<'2001-01-10'

devolve as datas que ocorreron antes do 10 de xaneiro de 2001

LIKE 'amig?'

devolve os rexistros cuxo campo conteña «amiga» e «amigo»

LIKE 'S*'

devolve os rexistros cuxo campo conteña "Sol".

BETWEEN 10 AND 20

devolve rexistros cuxo campo conteña valore sentre 10 e 20. (Os campos poden ser de texto ou numéricos).

IN (1; 3; 5; 7)

devolve rexistros cos valores 1, 3, 5, 7. Se o nome do campo contén o número dun elemento, por exemplo, pode crear unha petición que devolva o elemento co número especificado.

NOT IN ('Castro')

devolve os rexistros que non conteñen «Castro».


Secuencia de escape de Like : {escape 'carácter-para-escapar'}

Exemplo:


SELECT * FROM Item WHERE ItemName LIKE 'The *%' {escape '*'}

O exemplo devolverá todas as entradas nas que o nome do elemento comece por «Meu *». Isto significa que tamén podes buscar caracteres que de forma normal serían substituídos, por exemplo *, ?, _, % ou o punto.

Secuencia de escape do Outer Join: {oj outer-join}

Exemplo:


SELECT Article.* FROM {oj item LEFT OUTER JOIN orders ON item.no=orders.ANR}

Consultar campos de texto

Para consultar o contido dun campo de texto hai que poñer a expresión entre comiñas simples. Se se diferencian entre maiúsculas e minúsculas depende de cada base de datos. LIKE, por definición, si que diferencia (inda que algunhas bases de datos non o cumpran de forma estrita).

Consultar campos de data

Os campos de data represéntanse como #Date# para os identificar como tal. As constantes de data, hora e data/hora (literais) empregadas nas condicións poden ser tanto do tipo SQL Escape Syntax ou SQL2.

Elemento tipo de data

Sintaxe SQL Escape #1 — pode estar obsoleta

Sintaxe SQL Escape #2

Sintaxe SQL2

Data

{D'YYYY-MM-DD'}

{d 'YYYY-MM-DD'}

'YYYY-MM-DD'

Hora

{D'HH:MM:SS'}

{t 'HH:MI:SS[.SS]'}

'HH:MI:SS[.SS]'

DataHora

{D'YYYY-MM-DD HH:MM:SS'}

{ts 'YYYY-MM-DD HH:MI:SS[.SS]'}

'YYYY-MM-DD HH:MI:SS[.SS]'


Exemplo:


SELECT {d '1999-12-31'} FROM world.years

Exemplo:


SELECT * FROM mytable WHERE years='1999-12-31'

Todas as expresións de datas (literais de data) deben ir entre aspas simples. (Consulte o manual de referencia da base de datos e do conector en concreto que empregue para máis información).

Consultar en campos Si/Non

Para consultar campos de Si/Non empregue a sintaxe seguinte para táboas de dBASE:

Estado

Criterio de consulta

Exemplo

Si

para táboas de dBASE: diferente de calquera valor fornecido

=1 devolve todos os rexistros nos que o campo Si/Non ten o estado de «Si» ou «Activado» (seleccionado en negro),

Non

.

=0 devolve todos os rexistros nos que o campo de Si/Non ten o estado «Non» ou «Desactivado» (sen selección).

Nulo

IS NULL

IS NULL devolve os rexistros en que o campo Si/Non nin ten o estado Si nin o estado Non (seleccionados en gris).


Icona Nota

A sintaxe depende do sistema de base de datos usado. Teña en conta tamén que os campos Si/Non poden definirse de forma diferente (só dous estados, en vez de tres).


Consultas de parámetros

As consultas de parámetros permiten que o usuario introduza valores durante a execución. Estes valores empréganse dentros dos criterios para seleccionar os rexistros que se pretende mostrar. Cada un destes valores ten un nome de parámetro asociado a el, que se lle pide ao usuario no momento de executar a consulta.

Os nomes de parámetros van precedidos de dous puntos nas vistas tanto de deseño como de SQL dunha consulta. Isto pode usarse sempre que poida aparecer un valor. Emprégase o mesmo parámetro se o mesmo valor aparece máis dunha vez na consulta.

No caso máis sinxelo, cando o usuario introduce un valor que verifica unha igualdade, o nome do parámetro, xunto cos dous puntos que o preceden, é simplemente introducido na fila Criterio. No modo SQL haino que introducir como WHERE "Campo" =:Nome_do_parámetro

Icona Aviso

Os nomes de parámetro non poden contar ningún dos caracteres <space>`!"$%^*()+={}[]@'~#<>?/,. Non poden ter os mesmos nomes que os nomes de campo ou que as palabras reservadas de SQL. Poden ser os mesmos que os alias.


Icona Suxestión

Unha forma útil de seleccionar rexistros baseados en partes do contido dun campo de texto é engadir unha columna agochada con "LIKE '%' || :Parte do campo || '%'" como criterio. Isto selecciona os rexistros que coincidan exactamente. Se se desexa non distinguir maiúsculas de minúsculas, unha solución é empregar LOWER (Nome_do_campo) como campo e LIKE LOWER ( '%' || :Parte_do_campo || '%' ) como criterio. Teña en conta que os espazos no criterio son importantes; se non se inclúen, o analizador de SQL interpreta o criterio enteiro como cadea para comparar. No modo SQL haino que introducir como LOWER ( "Nome_do_campo" ) LIKE LOWER ( '%' || :Parte_do_campo || '%' ).


As consultas de parámetros pódense empregar como fontes de dastos para subformularios e así permitir que o usuario restrinxa que rexistros se mostran.

Entrada de parámetros

A caixa de diálogo Introdución de parámetros pide que o usuario introduza os valores dos parámetros. Introduza un valor para cada parámetro de consulta e confirme premendo Aceptar ou escribindo Enter.

Os valores introducidos polo usuario poden consister de calquera carácter permitido por SQL para o criterio relevante; isto pode depender do sistema de base de datos empregado.

Icona Suxestión

O usuario pode empregar os caracteres comodín «%s» (cadea arbitraria) ou «_» (un único carácter arbitrario) como parte do valor para recuperar rexistros con criterios máis complexos.


Modo SQL

SQL son as siglas de «Structured Query Language», unha linguaxe que permite a utilización de instrucións para a actualización e administración de bases de datos relacionais.

In LibreOffice you do not need any knowledge of SQL for most queries, since you do not have to enter the SQL code. If you create a query in the query designer, LibreOffice automatically converts your instructions into the corresponding SQL syntax. If, with the help of the Switch Design View On/Off button, you change to the SQL view, you can see the SQL commands for a query that has already been created.

You can formulate your query directly in SQL code. Note, however, that the special syntax is dependent upon the database system that you use.

If you enter the SQL code manually, you can create SQL-specific queries that are not supported by the graphical interface in the Query designer. These queries must be executed in native SQL mode.

By clicking the Run SQL command directly icon in the SQL view, you can formulate a query that is not processed by LibreOffice and sent directly to the database engine.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!